Otros:
A enseada de Cangas ábrese no interior da Ría de Vigo na súa cara norte. O municipio en si, esténdese sobre a península do Morrazo entre as Rías de Vigo e Pontevedra. Porto pesqueiro e deportivo, comunicado con Vigo a través dunha liña regular de pasaxe.
O orixinal núcleo pesqueiro de Cangas, que aínda conserva as súas estreitas rúas mariñeiras, posúe un moderno paseo marítimo que chega ata Punta Rodeira, desde onde temos unhas espléndidas vistas da cidade de Vigo.
É obrigada a visita á igrexa de Santiago, antiga colexiata, e á cruz de Oficio de Defuntos, que se atopa na igrexa románica de Santo André de Hío, o máis soado calvario de Galicia.
A zona de praias non só ofrece o pracer dos seus fermosos recunchos naturais (Menduiña, Aldán, Rodeira, Liméns e A Barra), senón que tamén agocha esconde verdadeiros tesouros arqueolóxicos, como os restos romanos de Donón.