Presentación

A costa galega ten cada vez mais un forte atractivo para os navegantes e os afeccionados á náutica deportiva. A mellora das comunicacións por terra, o considerable atractivo das Rías galegas e as características que as fan navegables durante todo o ano unido á crecente demanda de instalacións deste tipo, fan necesario acometer actuacións deste tipo para proporcionar a esta flota uns servizos moito mais completos e fomentar o desenvolvemento deste importante sector da náutica deportiva.

foto puerto

Galicia conta con 28 portos deportivos con todos os servizos, dos cales vinte son xestionados por Portos de Galicia e os oito restantes polas Autoridades Portuarias En conxunto contan cun total de 8.812 prazas de amarre das cales 4.730 pertencen a Portos de Galicia e 4.082 aos portos de interese xeral.

Portos de Galicia é un Ente Publico adscrito á Conselleria do Mar